Publicacións 

Principais indicadores da actividade económica e financeira do Estado

Publicación de síntese estatística que mostra a estrutura e a evolución mensual das principais operacións de ingresos e gastos realizados polo Estado, tanto en termos de caixa, coma en termos da contabilidade nacional (SEC 95) que incorpora os cambios da base 2008 da contabilidade nacional de España. O documento inclúe táboas e gráficos cunha breve descrición explicativa dos aspectos máis relevantes da situación actual.

Manual de cálculo do déficit en Contabilidade Nacional adaptado ás Comunidades Autónomas e ás Corporacións Locais

Esta primeira edición do Manual cumpre un dos seus compromisos adquiridos pola Intervención Xeral da Administración do Estado (IGAE) no marco xeral das actuacións previstas no "ACORDO DA COMISIÓN DELEGADA DO GOBERNO PARA ASUNTOS ECONÓMICOS SOBRE MELLORAS NA TRANSPARENCIA NO ÁMBITO DA INFORMACIÓN ECONÓMICA E ESTATÍSTICA PROPORCIONADA POLO GOBERNO". Esta publicación elaborouse co obxectivo de servir de axuda ás distintas administracións para que podan obter de maneira sinxela, a partir da información de base subministrada polas súas contas públicas, unha boa aproximación do déficit valorado de acordo cos criterios do Sistema Europeo de Contas Nacionais e Rexionais (SEC 95).


Contas trimestrais non financeiras das Administracións Públicas

Publicación que recolle os principais resultados obtidos polo conxunto do sector das administracións públicas no trimestre de referencia: estrutura e evolución dos ingresos e gastos de natureza non financeira realizados polo conxunto do sector. Os criterios metodolóxicos utilizados para a delimitación institucional e para o rexistro e a imputación das operacións corresponden ao establecido polo Sistema Europeo de Contas Nacionais e Rexionais da Comunidade (SEC 95), incluídos os cambios da base 2008.

Cuentas de las Administraciones Públicas. Cuarto Trimestre 2011 (pdf)

Evolución da execución do Orzamento do Estado

Informe elaborado para a Comparecencia do Secretario de Estado de Facenda e Orzamentos diante da Comisión de Orzamentos do Congreso dos Deputados. Proporciona información detallada sobre os resultados económicos e financeiros relativos á execución do Orzamento do Estado no período de referencia.


Ejecución presupuesto del Estado. Abril 2011 (pdf)

Avance da actuación económica e financeira das Administracións Públicas

Informe de carácter monográfico, de periodicidade anual, sobre a actividade económica e financeira das Administracións Públicas que analiza as operacións realizadas polo conxunto do sector exclusivamente en termos da contabilidade nacional (SEC 95). A información que se presenta neste documento ten carácter provisional e se refire ó déficit público, presión fiscal, recursos non financeiros, empregos non financeiros e débeda pública correspondentes ó exercicio do ano anterior. Así mesmo, proporciónase a evolución do déficit público e a débeda pública dos Estados membros da Unión Europea durante os últimos catro anos, notificada polos países á Comisión (Eurostat) no contexto do Procedemento de Déficit Excesivo (PDE). O informe inclúe un anexo estatístico con información histórica.

Avance actuación de las Administraciones Públicas. 2010 (pdf)

Contas das Administracións Públicas

É unha publicación de periodicidade anual, exclusivamente estatística, que proporciona unha visión completa das operacións realizadas por tódolos axentes e polo conxunto do sector Administracións Públicas. Presenta as contas económicas, así como a clasificación funcional do gasto, elaboradas de acordo cos criterios da contabilidade nacional (SEC 95). Proporciona, igualmente, os datos correspondentes á liquidación orzamentaria dos Organismos da Administración Central, Comunidades Autónomas e un resumo das Corporacións Locais agrupadas por rexións. Os datos de base proceden das liquidacións definitivas dos orzamentos de tódalas unidades, o que supón que non podan estar dispoñibles ata que conclúa o proceso legal de peche contable e se reciban na Intervención Xeral tódalas liquidacións.

Contas Regionales

Publicación anual que complementa as Contas das Administracións Públicas e que está dedicada de forma exclusiva a desenvolve-las operacións realizadas polas Comunidades Autónomas e as Corporacións Locais clasificadas por Comunidades Autónomas e por rexións, respectivamente. Así mesmo, proporciónase a serie contable correspondente ós últimos cinco anos. A metodoloxía e a información de base utilizadas son as mesmas que as das Contas das Administracións Públicas. Os datos presentados nesta publicación teñen carácter de definitivos.

Contas das Empresas Públicas

É unha publicación anual, que proporciona unha visión das operacións realizadas polas empresas públicas incluídas no sector institucional das Sociedades non Financeiras. Presenta as contas económicas, por sectores institucionais e tamén por ramas de actividade, elaboradas segundo os criterios metodolóxicos do SEC-95. A información de base procede das contas anuais definitivas aprobadas das distintas unidades públicas incluídas neste sector, polo que os datos presentados nesta publicación teñen o carácter de definitivos

Logo PAP