Encadrada na Secretaría de Estado de Orzamentos e Gastos, a Intervención Xeral da Administración do Estado (IXAE) é o órgano de control interno da xestión económico-financeira do sector público estatal e o centro directivo e xestor da contabilidade pública.
Como órgano de control interno é a encargada de verificar, mediante o control previo de legalidade e o control financeiro, que a actividade económico-financeira do sector público se adecúa aos principios de legalidade, economía, eficiencia e eficacia. Como centro xestor e directivo da contabilidade pública compételle ofrecer información contable fiable, completa, profesional e independente sobre a xestión pública e ditar as normas necesarias para o seu adecuado desenvolvemento.
Ademais, correspóndelle elaborar as contas económicas do sector público segundo a metodoloxía SEC 95, o que lle permite realizar comparacións e análises cos demais países membros da Unión Europea.
Entran dentro do seu ámbito de actuacións, aquelas derivadas do exercicio do control dos fondos comunitarios, en particular as previstas no artigo 62 do Regulamento (CE) 1083/2006 do Consello, do 11 de xullo de 2006, no que se refire ao exercicio das funcións de autoridade de auditoría naqueles programas nos que a IGAE teña tal condición.
Tamén é o centro encargado da programación, deseño e execución da política informática da Secretaría de Estado de Orzamentos e Gastos.
A través destas páxinas pódese acceder ás diversas publicacións, estatísticas e informes realizados pola IGAE, reflexo das funcións arriba enumeradas, e á normativa actualizada no ámbito de control interno e da contabilidade pública, directamente ou a través das súas bases de datos propias.
José Carlos Alcalde Hernández
Interventor General de la Administración del Estado